AVISO LEGAL

INTRODUCIÓN

Neste texto legal, o usuario da web poderá atopar a información que lle permitirá identificar á responsable da mesma, así como a información relativa á páxina web e ás actividades desenvolvidas pola responsable.

IDENTIFICACIÓN DA RESPONSABLE DA PÁXINA WEB

De acordo co indicado na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), poñemos a seguinte información á disposición do usuario da web:

  • Identidade da responsable da web: Álvaro Villasante Armas
  • Nome comercial: Restaurante Paprica
  • NIF: 33326585E
  • Enderezo social: Rúa Nóreas, 10, 27001, Lugo
  • Correo electrónico: info@paprica.es
  • Actividade desenvolvida: Restaurante

DATOS PERSOAIS QUE RECOPILA A WEB

Respecto á política de protección de datos aplicada pola responsable da web en relación coa información con datos persoais que poida ser facilitada polos usuarios do sitio web a través das vías de contacto habilitadas, pódese consultar máis información na Política de Privacidade.

COMPROMISOS E OBRIGAS DOS USUARIOS

O usuario da web queda informado, e acepta, que o simple acceso á presente páxina web non supón o inicio dunha relación de prestación de servizos con Álvaro Villasante Armas. O usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen vulnerar a lexislación vixente aplicable, a boa fe e a orde pública.

Está prohibido o uso da web con fins ilícitos ou lesivos, ou que de calquera forma poidan causar prexuízo ou impedir o funcionamento normal do sitio web. Respecto dos contidos da web, prohíbese concretamente:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, total ou parcial, salvo autorización da responsable como lexítima titular.
  • Calquera vulneración dos dereitos do prestador ou da responsable como lexítima titular.
  • A súa utilización para fins comerciais ou publicitarios.

Ao utilizar a web www.paprica.es, o usuario comprométese a non realizar ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos de Álvaro Villasante Armas ou de terceiros, ou que poida danar, inutilizar ou sobrecargar o portal www.paprica.es, ou que impida, de calquera forma, o uso normal da web.

O usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son completamente fiables e que www.paprica.es non pode garantir a inexistencia de malware ou outros elementos na rede que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) do usuario ou nos seus documentos electrónicos e arquivos contidos nos mesmos, aínda que a responsable dispuxo os medios necesarios e as medidas de seguridade oportunas para evitar a presenza destes elementos daniños.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

Os datos persoais que poidan ser comunicados a través do sitio web polo usuario a Álvaro Villasante Armas poderían ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva a Álvaro Villasante Armas, que asumiu todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas, de acordo co indicado na normativa vixente aplicable en materia de protección de datos.

A comunicación entre os usuarios e www.paprica.es utiliza un canal seguro, e os datos transmitidos están cifrados grazas a protocolos https. Garantíronse, por tanto, as mellores condicións de seguridade para que a confidencialidade dos usuarios estea garantida en todo momento.

LIGAZÓNS EXTERNAS

A páxina www.paprica.es podería proporcionar ligazóns a outros sitios, páxinas web, redes sociais e contidos que son propiedade de terceiros. O único obxectivo destas ligazóns a outros sitios ou redes sociais é proporcionar unha utilidade ao usuario cunha finalidade exclusivamente informativa, así como a posibilidade de acceder aos perfís profesionais que poida ter a empresa nas redes sociais.

Álvaro Villasante Armas non se responsabiliza en ningún caso dos resultados que puidesen derivar para o usuario como consecuencia do acceso a ditas ligazóns. A información que poida ser proporcionada nos enlaces indicados está suxeita aos avisos legais e ás políticas de privacidade que se utilicen neses sitios web, redes sociais e canles, e non está suxeita ao aviso legal e á política de privacidade desta web. Por esta razón, recomendámoslle ao usuario que para máis información revise detalladamente os avisos legais e políticas de privacidade propias e específicas das redes e sitios web enlazados.

Calquera ligazón doutros sitios a esta páxina web requirirá da autorización expresa e formal da titular e propietaria do portal web www.paprica.es.

PLATAFORMA PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

A responsable pon a disposición dos usuarios a plataforma de resolución de litixios que facilita a Comisión Europea, dispoñible na seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/consumers/odr/.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

Álvaro Villasante Armas non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ser causados por:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e funcionamento efectivo da páxina web, ou dos seus servizos e contidos;
  • A existencia de malware, programas maliciosos ou lesivos nos contidos;
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario a este Aviso Legal;
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos á disposición dos usuarios no sitio web.

A titular non se fai responsable baixo ningún concepto dos danos que puidesen derivar do uso ilegal ou indebido da presente páxina web.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

As relacións entre Álvaro Villasante Armas e os usuarios dos seus servizos telemáticos presentes nesta web están suxeitas con carácter xeral á lexislación e xurisdición españolas e aos tribunais da provincia da Coruña.

Para calquera dúbida ou consulta sobre estas condicións legais, os usuarios poden contactar a través do correo-e info@paprica.es.

Aviso Legal actualizado con data de 18 de febreiro de 2021.