Nós, o Restaurante e o chef
Equipo sempre xove e dinámico. Aprendemos facendo. Viaxamos. Colaboramos. Innovamos traballando e buscamos sempre o mellor equilibrio entre cociña tradicional e moderna. O produto de calidade é o protagonista. Se é ecolóxico, mellor. E se é de proximidade e ecolóxico, está no Paprica seguro.
O resultado de todo isto son pratos creativos marcados polas estacións do ano e os produtos locais de calidade.
Desde a nosa apertura en 2007 conseguimos xa varios recoñecementos, entre os que podemos destacar a Q de Calidade Turística (primeiro restaurante en obter esta distinción en Lugo) e a mención que, por sorte, renovamos anualmente na Guía Michelín.

Álvaro Villasante
Natural de Palas de Rei (Lugo), Álvaro Villasante ten unha ampla traxectoria profesional desenvolvida a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola e Ángel Palacios en “La Broche” (Miami), Gonzalo Tamames en “Rincón de Gonzalo” (Tenerife), Ramón Freixa en “Racó d’en Freixa” (Barcelona) e Óscar Sabaté en “Eth Taro” (Val d’Arán).
Pertence ao Grupo Nove Cociñeiros desde onde se difunde e da visibilidade á cultura gastronómica de Galicia.
Viaxes. Eventos. Colaboracións
Álvaro está en continuo movemento. Colaboracións con institucións, eventos, festivais, feiras… Tanto a nivel nacional como internacional. Aquí e alá. Sempre aprendendo e sempre levando a cociña de Galicia por bandeira ata calquera punto do planeta.
Grupo Nove
O noso chef Álvaro Villasante forma parte do prestixioso Grupo Nove Cociñeiros, sen dúbida, o máis importante de Galicia que agrupa aos máis afamados cociñeiros da terra. Desde o Grupo Nove propóñense “reivindicar a modernidade e vixencia da nova cociña galega, sen renunciar aos orixes da vangarda gastronómica ‘made in Galicia’ que combina o mellor da tradición e da innovación…”.

















