Dous espazos

Cada un por separado é bo, pero, se queres, pechamos os dous para ti.
Encántannos os eventos privados.

Restaurante

O mellor lugar para gozar da cociña do Paprica. Un espazo acolledor onde poderás comer ou cear nun ambiente agradable con vistas á nosa Terraza.
Agradecémosche que reserves antes de vir, pero se temos sitio, poderás pasar sen reserva previa.

Terraza

A Terraza do Paprica encantarache. No pleno centro de Lugo e con vistas á Muralla Romana Patrimonio da Humanidade. É un rincón ideal para unhas cañas e Medias Racións, por suposto tamén perfecto para comer, cear ou tomar unha copa.