Oferta gastronómica
A cociña do Paprica é creativa e cambiante. Ten moito de tradición, pero tamén de técnica e creatividade. Traballamos con produtos de tempada, locais, ecolóxicos e garantindo sempre o benestar animal e a sustentabilidade.

Carta
Sinxela, cambiante, fresca, creativa, de mercado
E sempre centrada no produto.
A tempada, a proximidade e os produtos ecolóxicos son sinais de identidade no Paprica. Consulta a nosa Carta para ver todas as opcións.
Menú Degustación
A mellor forma de coñecer a oferta gastronómica do Paprica.
O noso Menú Degustación varía continuamente adaptándose ás estacións, produtos, mercado…


Menú Tempada
De luns a venres laborables ao mediodía podes desfrutar do noso Menú de Tempada. Propostas gastronómicas de primeira calidade cos mellores produtos de cada tempada nun menú completo e variado, directamente desde a nosa carta, a un prezo que che encantará. Preme no botón e consulta a oferta de hoxe.
Tapas
Na nosa carta atoparás a opción de Tapas para que veñas ao Paprica a desfrutar da nosa gastronomía en formato picoteo para compartir cos amigos.
Pide as túas Tapas e acompáñaas dun bo viño ou unhas cervexas. ¡Planazo!

Adega
Para acompañar a singularidade da nosa cociña ofrecemos viños, humildes algúns, poderosos outros. Diferentes cepas que desde as nosas copas de viño sexan quen de ofrecernos horas de optimismo, resolucións, horas de confidencias ou simplemente aumentar a impronta dos nosos pratos no seu padal.





